sábado, 20 de julio de 2002

36. Boda en Cambados

 BODA EN CAMBADOS


O amor que de verdade é verdadeiro

e millor nunha igrexa consagralo

e millor con gaiteiros celebralo,

e que baile o pastor e o mariñeiro.


Que non sexa iste gozo o derradeiro.

O contento que tés pra demostralo

hoxe tes que facer por declaralo

reindo sen facer o mentireiro.


Que as rapaciñas pensen no seu día,

e que os vellos se lembren da sua boda

e queiran mais que nunca a sua María,


que as mulleres non toleen pola moda,

que os homes deixen hoxe a teoría,

e que teñan os noivos a ledicia toda.